Xoves, 7 de maio de 2026

BO DÍA DE XOVES A TODAS E A TODOS!!!!
Xa estamos rematando esta semana especial na que comezamos o traballo en equipos.
A ver como o facemos hoxe pero parece que nos vai saíndo ben, verdade?
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Ademais hoxe teremos unha actividade especial xa que imos asistir a un obradoiro chamado FAST HEROES!!! 
De qué tratará????
Seguro, seguro que será moi interesante!!!!
👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌

Hoxe tamén continuaremos co repaso semanal sobre os sistemas do corpo humano co noso amigo o camaleón...

E sobre o super hoxe teremos a ...

 PABLO DE CAIXEIRO
 ALAN DE AXUDANTE

CANTAS COUSAS!!!!!!
Damos paso xa ao encargado ou encargada para facer a ASAMBLEA e comezamos o traballo!!!!

  • ASAMBLEA: o encargado ou encargada fará a rutina diaria co saúdo, o tempo e  contaranos sobre quen vai ao comedor ou se vai para a súa casa en bus.
  • CALENDARIO: centrámonos na data, o tempo e a frase do día no novo calendario do mes de maio.
  • SUPERMERCADO: continuaremos con esta tarefa na que practicaremos cos euros e co cálculo.
  • TRABALLO EN GRUPOS (ciencias - mates - linguas): faremos traballo dos distintos ámbitos rotando durante os tres días.
  • OBRADOIRO FAST HEROES: realizaremos un obradoiro no que aprenderemos cousas interesantes dun modo diferente.
E recordade que hoxe tamén teredes:

MÚSICA coa profe GENI!!!


Desexamos que pasedes unha xornada de xoves estupenda!!!
Volvemos mañá!!! 💙💚💛💜

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Martes, 20 de xaneiro de 2026

Mércores, 13 de maio de 2026