Mércores, 13 de maio de 2026

MOI BO DÍA DE MÉRCORES!!!
Pero qué nervios temos.... mañá imos de excursión e estaría ben que fixera un bonito día solleiro!!!!
🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞
Aínda que se non é así imos igual e o pasaremos super ben igualmente, a que sí????

Neste día de mércores imos recuperar os videos sobre os sistemas do corpo que o CAMALEÓN nos mostra, así poderemos velos na casa e facer repaso dos contidos.

Hoxe continuaremos co traballo en grupos e tamén co traballo no super...
E hoxe teremos a ...

 PABLO DE CAIXEIRO
  ADRIÁN DE AXUDANTE


A planificación para este día será ...

  • ASAMBLEA: o encargado ou encargada fará a rutina diaria co saúdo, o tempo e  contaranos sobre quen vai ao comedor, quen se vai en bus e que vai para a súa casa coa familia.
  • CALENDARIO: actualizamos a data no calendario do mes de maio.
  • SUPERMERCADO: continuaremos con esta tarefa na que practicaremos cos euros e co cálculo.
  • TRABALLO EN GRUPOS sobre ciencias - mates - linguas. 
  • PREPARACIÓN Día das Letras Galegas: continuamos coa actividade artística que se convertirá nun animal mariño relacionado co libro CIRCE de Begoña Caamaño. 
  • LECTURA: leremos un novo capítulo do LOBO LUPAS para seguir investigando co noso amigo detective.


Recordade nenas e nenos de 2ºA que hoxe tamén teredes:

ENGLISH coa teacher Rocío!!!


DISFRUTADE MOITO DESTE DÍA DE MÉRCORES!!!!
Volvemos mañá!!!! 💙💚💛💜

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Martes, 20 de xaneiro de 2026