MOI BO DÍA DE LUNS!!!! Hoxe damos comezo a derradeira semana deste mes de maio, mes que comeza a ser moi calurosooooo, verdade? Con isto recordamos a importancia que ten beber moita auga nestes días de calor, sabedes por qué? ENLACE VIDEO BEBER AUGA Pois xa sabedes, recordade traer moita auga ao cole e beber sempre que o necesitemos!!!! Imos ver a planificación do día e facer a ASAMBLEA co encargado ou encargada do día!!!! ASAMBLEA: o encargado ou encargada fará a rutina diaria co saúdo, a data, o tempo e rexistrará quen vai ao comedor ou quen vai para a súa casa coa familia ou en bus. CALENDARIO: continuamos co calendario do mes de maio!!! PREPARACIÓN TRABALLO PORTAS ABERTAS: hoxe comezaremos a preparación do traballo para o Día de Portas Abertas no cole. LECTURA: O Libro Feroz. Seguiremos co libro de lectura en galego para coller moita fluidez. Nenas e nenos de 2ºA recordade que hoxe tamén teredes: INGLÉS coa teacher Rocío RELIXIÓN ou PROXECTO COMPETENCIAL coas mestras Pilar e S...