Luns, 4 de maio de 2026

MOI BO DÍA DE LUNS!!!!
Hoxe damos comezo a este día no que estreamos o mes de MAIO na escola!!!!
Iso quere dicir que tamén comezaremos calendario novo!!!!

*Recordade guiarvos polo calendario do blogue para completar o voso!!!!


ESTA SEMANA IMOS FACER REPASO DIARIO DOS SISTEMAS DO CORPO HUMANO A TRAVÉS DE VIDEOS PARA PODER ENTENDELOS MELLOR!!!!

Así que comezamos co repaso!!!
Hoxe repasamos o sistema óseo e muscular co CAMALEÓN!


Por certo!!! Hoxe no super do cole teremos:

 ADA DE CAIXEIRA

 TEO DE AXUDANTE

AGORA VEMOS A PLANIFICACIÓN PARA ESTE DÍA E DAMOS COMEZO Á ASAMBLEA CO ENCARGADO OU ENCARGADA!!!!


  • ASAMBLEA: o encargado ou encargada fará a rutina diaria co saúdo, a data, o tempo e  rexistrará quen vai ao comedor ou quen vai para a súa casa coa familia ou en bus.
  • CALENDARIO: hoxe prepararemos o novo calendario do mes de maio!!!
  • SUPERMERCADO: continuaremos con esta tarefa na que practicaremos cos euros e co cálculo.
  • EXPRESIÓN ESCRITA: escribiremos  sobre cómo nos foi e o que fixemos durante esta fin de semana.
  • LECTURA: faremos comprensión lectora a través de textos sinxelos e divertidos.
  • MATEMÁTICAS: hoxe seguiremos aprendendo sobre o proceso da multiplicación!!!

Nenas e nenos de 2ºA recordade que hoxe tamén teredes:

INGLÉS coa teacher Rocío
RELIXIÓN ou PROXECTO COMPETENCIAL coas mestras Pilar e Silvia.

QUE DISFRUTEDES MOITO DESTE DÍA DE LUNS DO MES DE MAIO!!!!
Volvemos mañá!!!! 💙💚💛💜

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Martes, 20 de xaneiro de 2026

Mércores, 13 de maio de 2026