Luns, 25 de maio de 2026

MOI BO DÍA DE LUNS!!!!

Hoxe damos comezo a derradeira semana deste mes de maio, mes que comeza a ser moi calurosooooo, verdade?


Con isto recordamos a importancia que ten beber moita auga nestes días de calor, sabedes por qué?

ENLACE VIDEO BEBER AUGA

Pois xa sabedes, recordade traer moita auga ao cole e beber sempre que o necesitemos!!!!


Imos ver a planificación do día e facer a ASAMBLEA co encargado ou encargada do día!!!!

  • ASAMBLEA: o encargado ou encargada fará a rutina diaria co saúdo, a data, o tempo e  rexistrará quen vai ao comedor ou quen vai para a súa casa coa familia ou en bus.
  • CALENDARIO: continuamos co calendario do mes de maio!!!
  • PREPARACIÓN TRABALLO PORTAS ABERTAS: hoxe comezaremos a preparación do traballo para o Día de Portas Abertas no cole.
  • LECTURA: O Libro Feroz. Seguiremos co libro de lectura en galego para coller moita fluidez.

Nenas e nenos de 2ºA recordade que hoxe tamén teredes:

INGLÉS coa teacher Rocío
RELIXIÓN ou PROXECTO COMPETENCIAL coas mestras Pilar e Silvia.

QUE DISFRUTEDES MOITO DESTE DÍA DE LUNS!!!!
Volvemos mañá!!!! 💙💚💛💜


Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Martes, 20 de xaneiro de 2026

Mércores, 13 de maio de 2026