Xoves, 16 de abril de 2026

MOI BO DÍA DE XOVES!!!!

Hoxe comezamos unha xornada moi deportiva xa que realizaremos actividades deportivas na rúa, si si, nas rúas da nosa vila de Cuntis!!!!

HOXE É O DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA!!!!!



Para prepararnos imos comezar coa tarefa de ASAMBLEA e despois un pouco de traballiño de aula!!!!


  • ASAMBLEA: o encargado ou encargada fará a rutina diaria co saúdo, o tempo e  contaranos sobre quen vai ao comedor ou se vai para a súa casa en bus.
  • CALENDARIO: continuamos escribindo a data e a frase do día no calendario do mes de abril.
  • LELINGUA: continuamos o traballo sobre os ADXECTIVOS.
  • COMPRENSIÓN LECTORA: faremos unha pequena lectura con preguntas para contestar con frases completas.
  • EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA
  • CÁLCULO: calculamos o resultado de sumas e restas.
  • LECTURA: O LOBO LUPAS


Nenas e nenos de 2ºA recordade que hoxe tamén teredes:

MÚSICA coa profe GENI!!!


QUE TEÑADES UN DÍA DEPORTIVO ESTUPENDO!!!!
Volvemos mañá!!!! 💙💚💛💜

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Martes, 20 de xaneiro de 2026

Mércores, 13 de maio de 2026