Martes, 7 de abril de 2026
OLA NENAS E NENOS!!!!
Estamos de novo no cole dando comezo ao 3º trimestre deste curso de 2º!!!!
Esperamos que nestas pequenas vacacións vos dera tempo de coller moita enerxía e de pasalo moi ben en familia.
Esperamos que nestas pequenas vacacións vos dera tempo de coller moita enerxía e de pasalo moi ben en familia.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Este trimestre adicarémolo a repasar contidos que xa aprendimos pero tamén a traballar e aprender cousas novas!!!!!
📗📘📙🐢🐍🐊🍁🌸🌹📗📘📙🐢🐍🐊🍁🌸🌹📗📘📙🐢🐍🐊🍁🌸🌹📗📘📙🐢🐍🐊🍁🌸🌹📗📘📙🐢🐍🐊
Por suposto que non faltarán actividades especiais que tanto nos gustan como por exemplo as excursiónsssss!!!!
💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚
Polo de pronto hoxe martes comezamos o día coa seguinte rutina:
- ASAMBLEA: o encargado ou encargada fará a rutina diaria co saúdo, o tempo e contaranos sobre quen vai ao comedor ou se vai para a súa casa en bus.
- CALENDARIO: hoxe poñeremos en marcha o novo calendario do mes de abril.
- EXPRESIÓN ESCRITA: hoxe falaremos e escribiremos sobre cómo o pasamos nestas vacacións de Pascua. Seguro que tendes moitas cousas que contar!!!
- MATEMÁTICAS: traballaremos os euros resolvendo problemas de compras no súper.
- LECTURA: leremos un novo capítulo do Libro Feroz para seguir practicando a lectura en voz alta e en galego.
Recordade que hoxe 2ºA tamén teredes:
Volvemos mañá!!!! 💙💚💛💜



Comentarios
Publicar un comentario