Martes, 28 de abril de 2026
OLA DE NOVO!!!!
Comezamos este día de martes, derradeiro martes de abril neste ano...
Recordades cal é o mes que comezaremos o venres????
E cantos días ten????
Comezamos este día de martes, derradeiro martes de abril neste ano...
Recordades cal é o mes que comezaremos o venres????
E cantos días ten????
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Neste día de martes imos continuar coa nosa tarefa de traballadores no noso supermercado.
Hoxe teremos:
Vemos xa a planificación para este día e damos paso á ASAMBLEA co encargado ou encargada do día...
- ASAMBLEA: o encargado ou encargada fará a rutina diaria co saúdo, o tempo e contaranos sobre quen vai ao comedor ou se vai para a súa casa en bus.
- CALENDARIO: actualizamos a data no calendario do mes de abril.
- SUPERMERCADO: continuaremos con esta tarefa na que practicaremos cos euros e co cálculo.
- LECTURA: faremos comprensión lectora a través de textos sinxelos e divertidos.
- CADERNO MATEMÁTICO: seguiremos practicando contidos traballados no noso caderno de mates.
- LECTURA: leremos un novo capítulo do Libro Feroz para seguir practicando a lectura en voz alta e en galego.
Recordade que hoxe 2ºA tamén teredes:
Volvemos mañá!!!! 💙💚💛💜




Comentarios
Publicar un comentario