Martes, 14 de abril de 2026

MOI BO DÍA DE MARTES!!!!!

Comezamos esta xornada recordando un pouco o que aprendimos onte sobre o noso corpo...

A ver que recordades... CAL DESTAS IMAXES SE CORRESPONDE CO QUE APRENDIMOS ONTE?

MOI BEN!!!!!

Pois hoxe imos continuar  aprendendo un pouquiño máis sobre o noso corpo...

Pero ademais diso tamén faremos outras actividades. Vémolas e comezamos coa asamblea!!!!

  • ASAMBLEA: o encargado ou encargada fará a rutina diaria co saúdo, o tempo e  contaranos sobre quen vai ao comedor ou se vai para a súa casa en bus.
  • CALENDARIO: actualizamos a data no calendario do mes de abril.
  • DITADO DE PALABRAS e FRASES: adicaremos un ratiño a escribir palabras relacionadas co corpo.
  • MATEMÁTICAS: traballaremos un pouquiño en contidos xa traballados para non esquecernos.
  • LECTURA: leremos un novo capítulo do Libro Feroz para seguir practicando a lectura en voz alta e en galego.

Recordade que hoxe 2ºA tamén teredes:

E.F. coa profe MARICHA!!!

QUE O PASEDES MOI BEN NESTE DÍA DE MARTES!!!!!!
Volvemos mañá!!!! 💙💚💛💜

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Xoves 23 de Abril de 2020

Martes, 20 de xaneiro de 2026