Luns, 27 de abril de 2026

MOI BO DÍA DE LUNS!!!!
HOXE COMEZAMOS UNHA NOVA SEMANA, PERO UNHA SEMANA QUE VEN CON NOVIDADES...
1º:  Estamos na derradeira semana do mes de abril.
2º:  Estamos nunha semana máis curta xa que este venres non haberá clase.


HOXE LUNS NO TRABALLO NO NOSO SUPERMERCADO TEREMOS:

 SARA DE CAIXEIRA
ALAN DE AXUDANTE


Imos comezar vendo a planificación para o día de hoxe e damos paso ao encargado ou encargada!!!

  • ASAMBLEA: o encargado ou encargada fará a rutina diaria co saúdo, o tempo e  contaranos sobre quen vai ao comedor ou se vai para a súa casa en bus.
  • CALENDARIO: continuamos co calendario deste mes de abril para actualizar a data.
  • SUPERMERCADO: continuaremos con esta tarefa na que practicaremos cos euros e co cálculo.
  • EXPRESIÓN ESCRITA: escribiremos  sobre cómo nos foi e o que fixemos durante esta fin de semana.
  • LECTURA: faremos comprensión lectora a través de textos sinxelos e divertidos.
  • CADERNO MATEMÁTICO: seguiremos practicando contidos traballados no noso caderno de mates.
  • COÑECEMENTO DO MEDIO: continuamos co tema do corpo para aprender moito sobre nós mesmos.


Nenas e nenos de 2ºA recordade que hoxe tamén teredes:

INGLÉS coa teacher Rocío
RELIXIÓN ou PROXECTO COMPETENCIAL coas mestras Pilar e Silvia.

QUE DISFRUTEDES MOITO DESTE DÍA DE LUNS!!!!
Volvemos mañá!!!! 💙💚💛💜

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Martes, 20 de xaneiro de 2026

Mércores, 13 de maio de 2026