Luns, 13 de abril de 2026
OLA DE NOVO NUNHA NOVA SEMANA DE ABRIL!!!!
Cómo vos foi durante a fin de semana????
Despois teredes oportunidade de contar moitas cousas das que fixestes na Expresión Escrita!!!!
- ASAMBLEA: o encargado ou encargada fará a rutina diaria co saúdo, o tempo e contaranos sobre quen vai ao comedor ou se vai para a súa casa en bus.
- CALENDARIO: continuamos co calendario deste mes de abril para actualizar a data.
- COÑECEMENTO DO MEDIO: Hoxe imos introducir o tema do corpo para aprender moito sobre nós mesmos.
- EXPRESIÓN ESCRITA:escribiremos sobre cómo nos foi e o que fixemos durante esta fin de semana.


.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario