Xoves, 1 de xuño de 2023

MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!
Hoxe comezamos estreando mes!!!!
Dámoslle a benvida ao mes de XUÑO, mes que nos traerá a estación que mais gusta aos nenos e nenas, que estación é?????
As profes cremos que é moi necesario poñer un RETO para mañá...
Que día cambiaremos da estación da PRIMAVERA á estación do VERÁN?
Animádevos a participar no RETO e poderedes ter premio!!!! Xa sabedes que tedes que traelo por escrito e se queredes cun debuxiño.... Moito ánimo!!!!

Agora imos comezar a ASAMBLEA con ENZO como ENCARGADO deste día.
Comezamos Enzo!!!!

Clase de E.F. co profe Antón 

ASAMBLEA
  • PASAR LISTA
  • DATA
  • TEMPO
  • EMOCIÓN
  • ALUMNADO AUTOBÚS, TAXI, COMEDOR E CASA
   CALENDARIO
Hoxe comezamos un novo calendario para o mes de Xuño e rexistraremos a data e o tempo do día de hoxe!!!

TRABALLO ASAMBLEA
Faremos actividades para traballar diferentes contidos relacionados coas linguas e as mates.

               PATIO             MERENDA            XOGO/BIBLIO   

 LECTURA O LOBO LUPAS
  Hoxe imos facer o capítulo 30!!!!

ÁMBITO LINGÜÍSTICO 
Traballaremos os tipos de palabras para seguir repasando este contido.

ÁMBITO MATEMÁTICO AS MEDIDAS 
Traballamos as medidas para aprender que é medir, que tipos de medidas hay, para que serve medir, e de que formas diferentes se pode medir...

RECOLLEMOS, DESPEDÍMONOS E IMOS PARA CASA OU COMEDOR ESCOLAR

Que teñades un bonito primeiro xoves de Xuño!
AS PROFES ANAS!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Qué hora é?

Xoves 23 de Abril de 2020