Mércores, 14 de xuño de 2023

OLA DE NOVO A TODAS E A TODOS!!!!
Xa chegamos á metade desta semana tan especial na que estamos a traballar moito de forma diferente e moi divertida!!!!
Hoxe remataremos coa actividade de xeometría a través da papiroflexia coa axuda do alumnado da ESO e tamén darémoslle os últimos retoques á nosa Oficina de Turismo de Cuntis para ter todo preparado para mañá xoves!!!!!

Damos comezo á ASAMBLEA e hoxe dirixe MOAD!!!!
Adiante Moad!!!!
ASAMBLEA
  • PASAR LISTA
  • DATA
  • TEMPO
  • EMOCIÓN
  • ALUMNADO AUTOBÚS, TAXI, COMEDOR E CASA
   CALENDARIO
Rexistramos a data e o tempo no calendario do mes de xuño!!!

 TRABALLO ASAMBLEA
Facemos a rutina de Asamblea para traballar diferentes contidos relacionados coas linguas e as mates.

 XEOMETRÍA CON PAPIROFLEXIA
Remataremos a actividade guiada polo alumnado da ESO sobre xeometría a través da papiroflexia.

 Clase de INGLÉS coa teacher Belén

            PATIO            MERENDA          XOGO/BIBLIO   

LECTURA O LIBRE

TURISMO POR CUNTIS E AS SÚAS PARROQUIAS
Remataremos o traballo sobre a actividade "Turismo por Cuntis e as súas Parroquias" relacionada co proxecto de centro "O Abandono do Rural"

RECOLLEMOS, DESPEDÍMONOS E IMOS PARA CASA OU COMEDOR ESCOLAR

Que teñades un bonito día de mércores.
AS PROFES ANAS!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Mércores, 21 de xuño de 2023

Luns, 23 de Novembro 2020

Martes, 13 de xuño de 2023