Mércores, 3 de maio de 2023

MOI BO DIA A TODAS E A TODOS!!!!
Volvemos ao cole despois destes días de descanso e estreando un novo mes, o mes de MAIO!!!! 
Por isto, hoxe tócanos comezar novo calendario e como non darlle a benvida ao novo mes.
Hoxe tamén temos outra nova, trátase de que co mes de maio tamén imos comezar novo traballo de Asamblea!!!!
Comezamos xa co ENCARGADO de hoxe e despois vemos o novo traballo que faremos a partir de hoxe!!!!
ENCARGADO de hoxe NAEL!!!!
Cóntanos Nael o que faremos hoxe!!!!

ASAMBLEA
  •     PASAR LISTA
  •     DATA
  •     TEMPO
  •     EMOCIÓN
  •     ALUMNADO AUTOBÚS, TAXI, COMEDOR E CASA
       CALENDARIO
     Rexistramos a data e o tempo no novo calendario do mes de maio!!!

  TRABALLO ASAMBLEA
Hoxe comezamos nova rutina de Asamblea na que traballaremos diferentes contidos relacionados coas linguas e as mates.

PROXECTO SUPERPREGUNTÓN A PAISAXE
Hoxe comezaremos co superpreguntón para demostrar canto aprendestes sobre a PAISAXE!!!!

 Clase de INGLÉS coa teacher Belén

             PATIO             MERENDA             XOGO/BIBLIO   

LECTURA O LOBO LUPAS
  Hoxe imos facer o capítulo 12!!!!

 ÁMBITO MATEMÁTICO A MULTIPLICACIÓN
Comezaremos un novo contido que está moi relacionado coa suma. Aprenderemos o que é multiplicar. Isto axudaranos a entender as tablas!!!

RECOLLEMOS, DESPEDÍMONOS E IMOS PARA CASA OU COMEDOR ESCOLAR

Desexámosvos que teñades un bonito día de mércores.
Volvemos mañá!!!!
AS PROFES ANAS!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Qué hora é?

Xoves 23 de Abril de 2020