Mércores, 24 de maio de 2023

MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!
Chegamos á metade da semana con este MÉRCORES 24 de maio e este día recórdanos que mais ou menos dentro dun mes vai ter lugar unha festa moi moi importante na nosa terra galega... 
Sabedes que festa é????
Queredes pistas????
1ª pista: é unha festa que se celebra pola noite...
2ª pista: é unha festa na que se cea un tipo de peixe...
3ª pista: a festa ten nome de home...
4ª pista: é unha festa na que hai unha fogueira...
Pois siiiiii!!! É a FESTA DE SAN XOÁN!!!
Quen adiviña onde é esta foto????
Mirade ben...

Agora comezamos xa coa ASAMBLEA e hoxe vai ser ENCARGADO SERGIO!!!!
Imos Sergio!!!

ASAMBLEA
  • PASAR LISTA
  • DATA
  • TEMPO
  • EMOCIÓN
  • ALUMNADO AUTOBÚS, TAXI, COMEDOR E CASA
   CALENDARIO
     Rexistramos a data e o tempo no novo calendario do mes de maio!!!

 TRABALLO ASAMBLEA
Facemos a rutina de Asamblea para traballar diferentes contidos relacionados coas linguas e as mates.

PROXECTO CADERNO A AUGA
Hoxe continuamos o caderno sobre A AUGA para ver canto aprendestes.

 Clase de INGLÉS coa teacher Belén

      PATIO      MERENDA      XOGO/BIBLIO   

LECTURA O LOBO LUPAS
 Hoxe imos facer o capítulo 27!!!!

ÁMBITO LINGÜÍSTICO SUSTANTIVOS, ADXECTIVOS E VERBOS
Traballaremos sobre os tipos de palabras para saber diferencialas.

ÁMBITO MATEMÁTICO XEOMETRÍA
Hoxe continuaremos co traballo de xeometría para repasar os contidos aprendidos onte.

RECOLLEMOS, DESPEDÍMONOS E IMOS PARA CASA OU COMEDOR ESCOLAR

Desexámosvos que disfrutedes moito deste día de mércores.
AS PROFES ANAS!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Qué hora é?

Xoves 23 de Abril de 2020