Martes, 16 de maio de 2023

BO DÍA DE MARTES A TODAS E A TODOS!!!!
Comezamos un novo día no que temos algo importante do que falar...
Por certo é algo que ten moito que ver co falar en galego...
Sabedes o que é?????
Pois siiiii, mañá será o DÍA 17 de MAIO, día no que se conmemoran AS LETRAS GALEGAS!!!!
Presentámosvos ao autor que foi elixido este ano 2023 como escritor do DÍA DAS LETRAS.
Chámase FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO e imos ver un conto para coñecelo un pouco mais... ENLACE CONTO LETRAS GALEGAS
Imos agora comezar a nosa ASAMBLEA diaria con MARTÍN como ENCARGADO do día.
Adiante Martín!!!
ASAMBLEA 
  •     PASAR LISTA
  •     DATA
  •     TEMPO
  •     EMOCIÓN
  •     ALUMNADO AUTOBÚS, TAXI, COMEDOR E CASA
  CALENDARIO
Rexistramos a data e o tempo do mes de maio!!!

EXPRESIÓN ESCRITA FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Hoxe adicamos a expresión escrita a coñecer o autor das Letras Galegas 2023

Clase de música coa profe Geni

Clase de E.F. co profe Antón 



       
PATIO        MERENDA         XOGO/BIBLIO  

  LECTURA LOBO LUPAS 
  Hoxe tócanos a lectura do capítulo 22!!!!!

ÁMBITO MATEMÁTICO A MULTIPLICACIÓN
Traballamos nas tablas da multiplicación creándoas a partir da suma

PROXECTO A AUGA
Continuamos aprendendo sobre os elementos naturais da paisaxe: A AUGA

   
RECOLLEMOS, DESPEDÍMONOS E IMOS E PARA CASA OU COMEDOR ESCOLAR.
   
Que disfrutedes moito deste día de martes e do DÍA DA LETRAS GALEGAS!!!!
Acordádevos de que mañá non hai cole.
Volvemos o xoves!
AS PROFES ANAS!!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Qué hora é?

Xoves 23 de Abril de 2020