Luns, 15 de maio de 2023

MOI BO DÍA DE LUNS!!!!
Comezamos o luns que nos marca xusto a metade do mes, é dicir, hoxe comezamos a 2ª quincena deste mes de maio.
E con isto, temos que recordar que estamos nun mes de maio cun tempo un pouco inestable:
uns día vai moita calor, outros días vai un pouco de frío, uns días chove, outros non, ...
Así é o tempo na primavera, INESTABLE.
Pois esperando que hoxe o tempo nolo permita recordamos que hoxe comeza a semana DAS LECTURAS NO RURAL.
Imos comezar rapidiño a ASAMBLEA de hoxe para poder ter tempo de practicar unha vez mais a lectura que imos ler na Parroquia de Portela.
Hoxe temos de ENCARGADA a PAULA!!! Comezamos!!!! 
ASAMBLEA 
  •     PASAR LISTA
  •     DATA
  •     TEMPO
  •     EMOCIÓN
  •     ALUMNADO AUTOBÚS, TAXI, COMEDOR E CASA
  CALENDARIO
Rexistramos a data e o tempo do mes de maio!!!

EXPRESIÓN ORAL PRÁCTICA DE LECTURA
Facemos unha práctica da lectura en grupo do conto RATO DE MONTE e RATO DA CASA.
EXPRESIÓN ESCRITA DITADO 
A través do ditado practicaremos a caligrafía e traballaremos a forma de facer unha listaxe.

LECTURA NO RURAL CONTO RATO DE MONTE E RATO DA CASA


       
PATIO              MERENDA         XOGO/BIBLIO  

  LECTURA LOBO LUPAS 
  Hoxe tócanos a lectura do capítulo 21!!!!!

    CLASE DE RELIXIÓN E VALORES CON PILAR E ANA     
TRABALLO LINGUAS NAS TABLETS 
Hoxe practicaremos a ortografía das palabras nas tablets.

   
RECOLLEMOS, DESPEDÍMONOS E IMOS E PARA CASA OU COMEDOR ESCOLAR.
   
Que teñades un bonito día de lectura no Rural!
AS PROFES ANAS!!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Qué hora é?

Xoves 23 de Abril de 2020