Martes, 22 de Xuño 2021

Bos días a todas e a todos!!!

Hoxe martes 22 de Xuño é o derradeiro día de cole porque chegou o momento que tanto merecedes, AS VACACIÓNS, polo tanto que traballastes e os campeóns e campeonas que demostrastes ser durante este curso tan especial. 

Para todos os mestres e mestras e sobre todo para nós as PROFES ANAS foi un curso moi especial no que estar tódolos días con vós o fixo mais doado e levadeiro.

Querémosvos un montón e desexamos que pasedes e disfrutedes dunhas moi merecidas vacacións de verán coas vosas familias e amig@s.

Ahhhhhhhh, recordade!!!!!

CANDO VOLVAMOS AO COLE DESPOIS DO LONGO VERÁN SEREDES NENAS E NENOS DE 2º DE PRIMARIA!!!

PARABÉNS A TODAS E A TODOS!

MOITOS BICOS E APERTAS!!!

AS PROFES ANAS




Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Qué hora é?

Xoves 23 de Abril de 2020