Xoves, 7 de maio de 2020
Bos días!!! Como vos atopades hoxe?
Seguro que moi contentos e contentas, ademais xa falta pouco para que chegue a fin de semana que tanto vos gusta!Comezamos hoxe coa profe Mercedes e as profes Anas, con Relixión e Valores. Premede no enlace correspondente a ver que é o que tendes que facer...
Agora despois destas clases tan divertidas seguimos con mais divertimento nas fichas interactivas.
Premede nelas para practicar un pouquiño as horas e non vos olvidedes de darlle a terminado e poñer o voso nome para que as profes poidamos velas.
Para voltar un pouquiño á calma agora imos a seguir lendo a historia de Aldara, gravádevos e enviárnolas para poder escoitar o moito que vos estades esforzando en non perder o ritmo de lectura!
Agora a ficha de comprensión da lectura!! Recordade facer respostas completas utilizando palabras que aparecen na pregunta.
Por último e non menos importante, as pistas para completar as fichas de rutinas:
A PALABRA DO DÍA e o lugar en que vive Ana.
Para el NÚMERO DEL DÍA:
- Unidades: Partes que llevamos leídas de " O tempo ao revés"
- Decenas: ¿Cuántas niñas aparecen en la historia?
- Centenas: ¿ Qué número de día del mes de mayo es hoy?
Bicos a moreas para tod@s e ata mañán!!
Comentarios
Publicar un comentario