Martes 5 de Maio de 2020

Ola de novo!!!
Estamos de volta para seguir traballando no cole dende as nosas casas... imos alá!
Para empezar.. queremos recordarvos algo que empezaramos a traballar no cole pero que non puidemos seguir practicando por culpa do Coronavirus: OS TIPOS DE PALABRAS


E para traballar hoxe as rutinas aquí tendes as pistas:
PALABRA DO DÍA: É a palabra que podes formar coas seguintes letras se as ordenas ben:
A - N - A - M - E - S
NÚMERO DEL DÍA:
Centenas: Es el número de tipos de palabras que os presentamos hoy.
Decenas: Es el número de tipos de palabras cuyo nombre comienza por consonante.
Unidades: Es el número de tipos de palabras cuyo nombre comienza por vocal.
Imos practicar un pouco coas palabras... facede as seguintes fichas interactivas, non vos esquezades de darlle a terminado e poñer o voso nome para que poidamos recibilas!!


E como todos os martes hoxe tamén toca clase de English. Premede no enlace para descubrir as tarefas que propón a teacher Belén.

Esperamos que vos gustaran as novas rutinas!!!
Unha aperta enorme para todos e todas!!!!!

Comentarios

  1. Bos dias. Andrea ten dúbidas na ficha do número do día. No exercicio de completar resolvendo as operacións. As operacións son encadeadas ou sempre do mesmo número?. Grazas. Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Ola as fichas online fallan.

    ResponderEliminar
  3. Ola!!!
    En resposta á pregunta de Andrea a actividade é unha serie polo que se comeza co número do día e se vai sumando ou restando os números aos que van resultando. É unha serie encadeada.
    Ánimo!

    ResponderEliminar
  4. En resposta ao comentario de Clara.
    Si, as fichas interactivas dan fallos para poder acceder a elas pero si que van. Tedes que probar a entrar varias veces. Supoño que se trata de un problema de conexión coa páxina das fichas.
    Comprobeino entrando no blog dende a web do cole e sí que abriron vale.
    Intentádeo de novo ou un pouco mais tarde.
    Grazas

    ResponderEliminar
  5. Creemos que o problema e que coincide que as facedes moitos a vez e a paxina saturase.
    Intentadelo mais tarde e xa van sen problema.
    Animo!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Martes, 20 de xaneiro de 2026

Mércores, 13 de maio de 2026