Luns 11 de Maio de 2020

Ola!!
Benvidos a tod@s a unha nova semana na casiña!!!
Hoxe coma todos os luns empezamos con proxecto!
Para seguir repasando cousiñas que traballamos este curso, hoxe imos centrarnos no sistema dixestivo e a alimentación.
Empezamos por repasar un pouco o proceso da dixestión, pinchede no enlace e pasade as diapositivas lendoas para recordalo.
A DIXESTIÓN
Agora imos completar unhas fichas interactivas sobre este aparato tan importante:
APARELLO DIXESTIVO
Como sabedes unha das cousas importantes para ter unha boa saúde é coidar a nosa alimentación.
Pinchade no enlace para ver un vídeo e completar as actividades interactivas que vos deixamos a continuación:
ALIMENTACIÓN 1
ALIMENTACIÓN 2
Agora deixámosvos as propostas do profe Santi!!
E.F.
Para a PALABRA DO DÍA: Adiviña adiviñanza:
Non é cama nin león e desaparece en calquera rincón. Qué é? A resposta a esta adiviña é a palabra do día de hoxe.
EL NÚMERO DEL DÍA:
Cifra de las centenas: Es el número de letras totales que tiene la palabra "alimentación" restándole 5.
Cifra de las decenas: Es la cantidad de letras vocales que tiene la palabra "alimentación".
Cifra de las unidades: Es la cantidad de letras consonantes que tiene la palabra "alimentación" restándole el número de vocales que tiene la misma palabra.

E ata aquí o traballo de hoxe!
Que pasedes unha boa tarde!
Volvemos mañá!!!

Comentarios

  1. Ola, son Emma. Na ficha A Dixestión, correxeu mal porque coloquei intestino delgado e intestino groso ben e puxome mal . Pero na segunda ficha Aparello Dixestivo puxen o mesmo pero deume ben. Na primeira ficha estan mal correxidos o intestino groso e delgado están ao revés.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Emma; non te preocupes. Xa o temos en conta vale. Grazas pola información.

      Eliminar
    2. Ola a min tamen me pasou.

      Eliminar
    3. Ola, a min tamen me pasou o mesmo

      Eliminar
  2. Bo dia! Temos algunha familia que ten problemas para cubrir a piramide dos alimentos. Non vos preocupedes, facede o resto e dadelle a terminado.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Vale. A min tampouco me deixa arrastrar os alimentos a piramide.

      Eliminar
    2. A min tampouco me deixa arrastrar
      os alimentos a piramide.

      Eliminar
    3. A min tampouco me deixa arrastrar os alimemtos a pirámide.

      Eliminar
    4. Vega tampoco pudo arrastrar los alimentos, ya le dimos a terminado. Gracias

      Eliminar
  3. Bos días, a nos tamén nos pasou o mesmo. Corrixeu mal o dos intestinos. E non nos deixa fixar os alimentos da pirámide.

    ResponderEliminar
  4. Non vos preocupedes, dadelle a terminar. Debe ser un erro na ficha.
    Nom pasa nada

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Qué hora é?

Xoves 23 de Abril de 2020