Luns 20 de Abril de 2020


Bos días!!!
Qué tal esa fin de semana?? Esperamos que o disfrutárades moito e descansárades o suficiente para coller forzas e traballar esta semana que empeza hoxe!!
Hoxe queremos presentarvos unha actividade nova que iremos facendo ao longo deste trimestre, a lectura dun libro titulado " O mundo do revés". Pinchade no enlace e lede con atención as páxinas que vos temos preparadas para hoxe...

O TEMPO DO REVÉS 1

Agora tedes que completar a seguinte ficha de comprensión da lectura:

COMPRENSIÓN LECTURA 1

E como non... imos coas rutinas de hoxe!!

Como temos proxecto, tedes que recordar algunhas cousiñas que estudamos:
A PALABRA DO DÍA é a resposta á seguinte pregunta:
 Cómo se chaman as partes polas que podemos dobrar o noso corpo?

O NÚMERO DEL DÍA está formado polas seguintes cifras:

  1. Cifra das centenas: Partes en que se divide o corpo
  2. Cifra das decenas: Cántos sistemas fan que o noso corpo funcione?
  3. Cifra das unidades: Cántos sentidos temos?
Agora para repasar e practicar algunhas das cousas que aprendimos sobre o corpo, facede o seguinte xogo!!

PROXECTO-QUIZIZZ PARTES DO CORPO

Tamén vos deixamos esta ficha interactiva sobre as partes do corpo para completar. Acordádevos de darlle a terminado e poñédelle o voso nome e grupo así xa recibimos directamente a ficha no noso correo para vela!!

Ficha Interactiva

E xa para rematar, hoxe tiñades co profe Santi unha das vosas clases preferidas, Educación Física, pois veña, pinchade no enlace e a mover o corpo!!!


Moitooooooos millóns de bicos e apertas!!
Xa falta menos para vernos!
Ata mañán!!


Comentarios

  1. Bos días temos dúbidas a canto os sistemas do corpo humano. Saínza dime que son 6 (oseo,muscular, respiratorio, dixestivo, circulatorio e nervioso) a min faltame o excretor e o reproductor. Como a libreta de proxecto quedoulle na aula, non sei cales lle enseñastes. Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Yo tambien tengo dudas de que son 6 sistemas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Qué hora é?

Xoves 23 de Abril de 2020