Luns 13 de Abril de 2020
Bos días chic@s!!!
Qué tal estos dias de descanso??? Nós xa botabamos de menos o blogue...
Empezamos unha nova semana con mooooitos cambios.
Como sabedes mañán Martes empeza oficialmente a 3ª avaliación e como ainda seguimos tendo que quedar na casa e a vosa educacion é moi importante temos que empezar a tomárnolo máis en serio, se cabe do que o estivemos facendo ata o de agora.
Qué quere decir esto?? Estaredes pensando...
Bueno, pois se ata agora non era "obrigatorio" o feito de presentar os traballos, a partir de mañán SI será obrigatorio, e ademáis teredes que seguir un horario parecido ao que faríades se estivérades no cole, facendo cousas de tódalas asignaturas.
Para que vos sexa máis doado organizarvos, aquí tedes o horario:
Cada día iremos incluindo o que tedes que facer de cada unha das asignaturas que vos toca no horario e despois teredes que enviar os traballos ao correo electrónico de cada profe que vos deixamos a continuación:
- Educación Física: Santi: santiedufis@gmail.com
- Música: Geni : gcoramusica@gmail.com
- Inglés: Belén: teacherbelen19@gmail.com
- Relixión: Mercedes: mbmreli20@gmail.com
- Titoría e Valores: profesanas@gmail.com
Tamén queda á vosa disposición os correos dos especialistas do departamento de orientación:
- Audición e Linguaxe: Javier: nrjavier@hotmail.es
- Pedagoxía Terapéutica: Isabel: ma.isabelrodriguez@edu.xunta.es
Sabemos que vos estades esforzando moito e estamos moi orgullosas de tod@s vós. Tamén sabemos que non é igual de fácil para tod@s pero sí que é posible... así que seguide esforzándovos xa que do voso traballo recolleredes os froitos da vosa aprendizaxe tan importante para a vosa vida e futuro en 3º...
Esperamos que levedes ben o traballo que se vos irá propoñendo, recordade que tedes que facelo vós soliños, sen axuda... e que nós despois o revisaremos e volo reenviamos correxido para que vexades como o fixéstedes e si tedes dúbidas escribídenos aos correos dos profes para poder axudarvos que é o que máis nos gusta.
Disfrutade deste Luns!!
Apertas agarimosas e ata mañan!!
Disfrutade deste Luns!!
Apertas agarimosas e ata mañan!!

Comentarios
Publicar un comentario