Mércores 25 de Marzo de 2020
Bos días!!!
Que tal esa lectura? Gustouvos?
Hoxe, achegámosvos a 2ª parte da historia, a ver que vos parece!
Disfrutádea.
E para ver o ben que o estades facendo, pedímosvos se é posible que os vosos pais/ nais vos graven facendo a lectura e así poidamos escoitarvos, algo que botamos moito de menos!! As vosas voces!!!
Despois podedes enviarnos as gravacións ao correo de profesanas@gmail.com para asi escoitalas.
Coidádevos moito!!
Ata mañán!
Por certo... temos constancia de que algunhas familias estades preocupadas por imprimir as fichas. Somos conscientes de que estamos nunha situación na que non se pode saír da casa e é posible e probable que non tod@s teñades os medios para facelo. NON VOS PREOCUPEDES. Os nen@s poden facer a lectura no blogue directamente e despois nun folio/ libreta... intentar resolver a actividade como poidan, axudándolles vos a escribir enunciados ou organizalo de maneira que vos sexa cómodo e factible.
Un buen consejo para aprender sobre el aprendizaje de los niños.
ResponderEliminar