Domingo 29 de Marzo de 2020

Ola chic@s!!
Que tal está indo a fin de semana?
Hoxe facemos unha entrada para avanzarvos o que imos facer a partir de mañán.
Supoñemos que xa sabedes que imos ter que seguir na casa uns cantos días máis, así que creemos que a mellor maneira de notar o menos posible que non imos ao cole é facer cousas parecidas ás que facíamos na clase.
Recordades o primeiro que facíamos todos os días?? Síííí tiñamos un encargado, co que traballábamos o calendario, o tempo que facía, coñecíamos celebracións e as emocións que sentíamos. Tamén descubríamos o número do día co que despois facíamos moitas cousas, e por último traballábamos a expresión oral e escrita a través dunha exposición e unha recollida de información.
Bueno pois a partir de mañán Luns, tedes que estar moi atentos ao blogue porque éste será o ENCARGADO de que descubrades o número do día e a palabra do día, para que fagades as 3 fichas de rutinas que vos temos preparadas e vos deixamos a continuación.
Se tedes dúbidas preguntádenos ao correo das profesanas@gmail.com, e se queredes que vexamos o ben que o estades facendo, podedes enviárnolas para que as vexamos
Veña que xa queda menos!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns, 23 de Novembro 2020

Qué hora é?

Xoves 23 de Abril de 2020