Luns 1 de Xuño de 2020
Bos días nenos e nenas!!!
Hoxe empeza un novo Luns, unha nova semana e... un mes novo, o mes de XUÑO!!!
Qué mes tan especial....
Como sabedes é o último mes deste curso académico 2019/20, no que vós estades cursando 2º de Educación Primaria.
Acabades pois o 1º Ciclo de Primaria!! Que maiores....
Bueno, pois chegados a este punto as profes Anas decidimos que este mes aínda que a situación é diferente, o mes de Xuño ten que ser diferente e especial porque o merecedes!
Así que decidimos adicar este mes a "despedirnos"... Rememorando e recordando diversos momentos deste curso tan bonito e cheo de cousas divertidas que pasamos xuntos.
Así que acabáronse os repasos de contidos, e as rutinas diarias...
Empezamos pois recordando o 1º trimestre do curso...
Hoxe queremos que vexades estas fotos:
Agora deixámosvos a seguinte ficha para que completedes:
Recordades a ficha que fixemos onde nunha nube do centro do folio escribístedes o voso nome e arredor del os vosos compañeiros escribiron algo sobre vos? Recordádea premendo no enlace...
AS NUBES SOBRE TODOS E TODAS NÓS
AS NUBES SOBRE TODOS E TODAS NÓS
Bueno pois a continuación deixámosvos unha ficha parecida na que tedes que escribir na nube do centro o voso nome, nas 4 nubes que están arredor o nome de 4 amigos ou amigas, e nos círculos que están arredor das nubes escribiredes 3 cousas que pensades sobre esos compañeiros/as. Podedes facer tantas fichas como amigos/as queirades reflexar.
Estamos desexando velas!!!
Estamos desexando velas!!!
Amig@s
AHHHH!!! Non nos esquecemos que hoxe tamén tedes E.F. co profe Santi.
Deixámosvos o enlace para que poidades ver as actividades que vos propón hoxe.
Unha aperta e ata mañá!

Comentarios
Publicar un comentario